Vodas · Cumpleanos · Eventos deportivos · Encontros sociais · Turismo e empresa
Pide presupostoQuen somos
Morriña en Conserva está formada por Dani Lema, Damián Espasandín, Ismael González e César Ferrío, sendo todos da Costa da Morte.
Despois de anos vendo o éxito do fotomatón en vodas da zona, decidimos coller o relevo e darlle unha volta máis moderna, cercana e chea de detalles.
O noso obxectivo é sinxelo: que o teu evento quede na memoria de todos... e tamén ben gardado nas fotos.
Dani, Damián, Ismael e César
Que ofrecemos
É un fotomatón profesional que mestura diversión e calidade: fotos impresas ao momento, deseños personalizados, atrezzo para que ninguén se corte e unha experiencia que engancha tanto como a propia festa.
Naceu ligado ás vodas, pero agora queremos levar ese mesmo bo facer a:
Papel fotográfico de calidade que os convidados levan de recordo
Plantilla co nome, data e imaxe do teu evento
Gafas, carteis, sombreiros e complementos para soltar risas
Selección de imaxes para compartir e gardar para sempre
Paso a paso
Chegamos con tempo para montar todo o material no teu evento
As fotos imprímense ao momento en papel fotográfico de calidade
O deseño da plantilla vai personalizado co nome do evento, data e imaxe da túa marca
Gafas, carteis, complementos... para que as fotos sexan aínda máis divertidas
Ao rematar, entregamos unha selección dixital para compartir e gardar
Para cada ocasión
Cada evento é diferente, e nós adaptámonos a ti. Sen fórmulas ríxidas, sen paquetes pechados.
O complemento perfecto para que cada convidado leve un recordo único da túa voda
Festas privadas con fotos divertidas que os cativos e maiores van adorar
Torneos, carreiras, xornadas... un recordo físico que vai máis aló do trofeo
Reunións de amigos, festas temáticas, galas... o toque que faltaba
Feiras, congresos, activacións de marca. O teu logo nas fotos, o teu evento na memoria
Aínda máis diversión
Mira os nosos traballos e descubre como colaboramos con outros servizos da zona.
Mira as nosas galerías de eventos: vodas, festas, encontros... Todas as fotos dos nosos traballos.
Máquina arcade retro para eventos
Ademais do fotomatón, colaboramos con Arcade Costa da Morte para levar a túa festa a outro nivel. Unha máquina arcade retro auténtica con máis de 60 xogos clásicos, iluminación LED e máquina de fume.
Contacto
Pide presuposto sen compromiso. Adaptámonos ao teu evento.